Cadáveres exquisitos
O "cadáver exquisito" é un xogo de creación colectiva que pode ser escrito ou debuxado. Para os que lle interese saber máis deste tema, deixamos este enlace; pero se o que queredes é coñecer cal foi o resultado do experimento nunha das nosas clases de galego de 4º, non deixedes de ler o que ven agora, porque se parece moito a un deses soños raros que todos temos algunha vez...
Nunha selva moi estraña había un león moi peludo que comía persoas e gardaba as súas cabezas para adornar a árbore de Nadal con bólas fermosas. As flores son moi fermosas historias que contaba aquela boa e maxestuosa curuxa branca; a ovella branca non ten la bonita e marrón…
Eu teño nove cans. Eu teño uns cans e cabalos saltan valos azuis e vermellos. Que fermosas esas flores vermellas cuns zapatiños moi bonitos nos campos do bosque dunha árbore quitei unha laranxa máis dúas son tres…
Nun monte atoparon un cadáver moi feo e que andaba polas casas asustando á xente cun coitelo cravado na cabeza que se foi voando por unha catapulta oxidada e caeu dun precipicio moi alto monte da selva estraña que eu atopei no medio da casa do seu avó o chorriño de chocolate de nada…
1 Comments:
Un resultado ben orixinal!! Parabéns a todos neste traballo colectivo!
Post a Comment
<< Home