"O león e o rato": un agasallo dos Reis Magos
Os Reis Magos, sabendo que estamos aprendendo varias linguas, deixaron este agasallo para todos nós: trátase do conto chino que leva por título "O león e o rato". O mellor de todo é que, ademáis de traérnolo en galego, tamén queren que o teñamos noutros idiomas, de xeito que o podemos ler en 9 linguas máis se pinchamos co rato (nunca mellor dito) enriba do conto.
Era unha vez un rato que saiu da súa gorida e atopou un león enorme. O león quería comelo.
- Por favor, león, non me comas! Pode que un día precises da miña axuda...
O león respondeulle:
- Como queres que te precise, co pequeno que es?
O león tivo mágoa ao ver un rato tan pequerrecho e soltouno.
Un día, o rato oiu uns ruxidos terribles. Era o señor león. Cando chegou ao lugar, atopou ao león atrapado nunha rede.
- Eu voute salvar! - dixo o rato.
- Ti? Es demasiado pequeno para tanto esforzo!
O rato empezou a roer a corda e o león puido salvarse.
Dende aquela noite, os dous foron amigos para sempre.
2 Comments:
GRACIAS POR LA PAGINA, ES MUY BUENA
SAMUEL
Gracias a ti (a vosotros), Samuel. Si no fuese por vuestra participación no existiría este blog.
Post a Comment
<< Home