- Bea:
"Pico, pico, mazarico,
¿quen che dou tan largo bico?
Doumo noso señoriño
pra picar nos carballiños,
eu piquei e repiquei
tres granciños atopei,
e leveinos ao muiño,
o muiño a moer
e os paxariños a comer."
"Rabo de boi,
rabo de besta,
díxome Deus
que estaba nesta."
"Ta, te, ti, sorte para ti."
"Margarida ten un michiño coas orellas de trapo.
Un, dous, tres, catro."
"Pancho, pancho, cabalo branco,
cando o rei por aquí pasou
tódalas damas convidou,
menos unha que quedou
dando paus ao mosqueteiro,
o mosqueteiro a chorar.
Cinta de prata para a miña gata,
cinta de ouro para o meu mouro,
tutururú que salgas "tú" polas portas de Mambrú."
"Pin, pinexa
a man a conexa,
conexiña real
pide pola sal,
pide pola cunca,
cunca de barro
pide polo cabalo,
cabalo do crego
pide pola abella,
crego de Roma
garda esta coroa,
que non cha colla
a gata rabuda."
"Miña raíña foi de paseo,
atopou un cociñeiro,
unha torta lle pideu
e unha bola de pan lle deu.
A raíña se enfurruñou,
pero do cociñeiro se namorou."
"No xardín había unha flor
que se chamaba Pimpaladín Padaconda,
quen o repita se salvará."
"Uni, dori, teri, coteri,
quintiliberi, virivirón,
conta as doncelas, que doce son.
Unha, dúas, tres, catro,
cinco, seis, sete, oito,
nove, dez, once, doce."
"Un gato caeu nun pozo,
as tripas fixeron '¡cua!',
arremoto, piti poto,
arremoto piti pa,
salvadiño ti estás."
"Meu pai ten unha caixa chea de puntas.
Dime, neno, cantas son
sin pen-sa-lo.
- '¡Cinco!'
- 'Un, dous, tres, catro, cinco'."
"Choca miñoca,
pan de masoca,
leite de lebre,
para que nunca máis medre."
3 Comments:
Nos gustou moito o traballo de Bea.
estan moi ben todas as formas de votar
a sortes
A min tamén me gustaron moito as fórmulas de botar a sortes. A ver se as escoito no recreo a partir do novo ano...
Post a Comment
<< Home