Adiviñas (técnica dos catro pasos)
Carmen (3º)
Adiviña, adiviñanza.
Ten mans e non pode acariciar.
Ten dentes e non pode comer.
Ten pés e non pode andar.
Ten ollos e non pode ver.
Solución
Pedro (3º)
Que é? Adivíñao, adivíñao.
Nela hai loiros e morenos, altos e baixos,
letras e números, e algo rectangular.
Que será será? Adiviñáchelo xa?
Rubén (3º)
Que cousa cousiña é?
Ten dous círculos con metal.
Precisa algo para guiala.
Con dous rectángulos negros
e luz para iluminala.
Inés (3º)
Adiviña, adiviñanza.
Son pequenas e redondas,
un postre han de ser.
Se ti o adiviñas, cómeas: é un pracer.
Diana (4º)
Que será, será,
que ao comezar a dicilo
pronto rematará?
Solución
Alejandro (4º)
Que cousa cousiña é,
verde coma unha serpe,
cóidate de non moiarte
se a billa aberta ten.
Bárbara (4º)Adiviña, adiviñanza.
É moi fermoso
e suave,
é unha pelota
moi grande.
Arturo (4º)
Derrapan e corren moito,
con anacos de negra goma,
hai moito descontrol,
vai unha persoa famosa.
Arantxa (4º)
Caen, caen,
sen parar
e non deixan
de bailar.
1 Comments:
Auténticas pezas de arte!! Noraboa!
Post a Comment
<< Home