Imos ao zoo!
Somentes faltan dous días para a excursión de fin de curso: imos ao zoo de Vigo!
Para algúns de nós é a primeira vez, así que vai ser unha experiencia inesquecible... Se alguén non aguanta máis e lle pode a curiosidade ten a posibilidade de ir vendo o que nos agarda o luns con esta visita virtual.
A fauna de VigoZoo está formada por representantes de especies animais de África, Europa, Asia, América e Oceanía, con interesantes exemplares de cada un dos Continentes, aínda que sobre todo se lle dá moito interese á fauna galega e ibérica que nos rodea.
Aínda que xa sabemos como debemos comportarnos, é bo que na páxina do zoo se nos lembre unha serie de NORMAS que é importante acatar; por exemplo:
- Débense evitar as voces altas, berros, ruídos, carreiras, etc., que perturban a paz e tranquilidade tan necesarias para os animais en cautiverio.
- O Parque é de todos e por iso débense coidar e respecta-las súas instalacións non pendurándose ou trepando por elas.
- É necesario manter con respecto o entorno natural, coidando as árbores, céspede e plantas, utilizando os camiños, e sobre todo non botando nada ao chan: hai papeleiras por todo o Parque.
- Os animais están perfectamente alimentados, así que está prohibido para os visitantes darlles calquera tipo de alimentos.
- Un non pode achegarse ás gaiolas de especies perigosas nin toca-los animais, o mesmo que perseguir ou molestar aos que se atopen en liberdade.
- En todo momento hai que respectar e obedecer as indicacións feitas polos empregados do Zoo (e polas mestras...).
- Debemos tratar co debido agarimo aos animais, tendo en conta que non so perderon a súa liberdade e están nun medio estraño, senón tamén que non poden fuxir.
Se lembramos todo isto, ímolo pasar como nunca e aprender un montón de cousas nesta cidade dos animais!! Xa me tarda o día 28!!
2 Comments:
¿Qué tal a visita?
Nos estivemos no Primeiro Trimestre e fixemos un libro moi bonito cós animais.
Tamén usamos as imaxes no SPELLER do encerado dixital e fixemos puzles e outras actividades con J.Clic.
A visita estivo xenial!!
Teño coñecemento destas actividades que estivéchedes levando a cabo porque estou no curso de "Taller de Conversación" (remata esta semana) no que asistiches como relatora. Pareceume moi interesante, así que grazas por compartilo, Mela.
Post a Comment
<< Home