Premio literario Frei Martín Sarmiento
Supoño que xa víchedes o enlace ao Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento que temos dende hai tempo baixo o encabezado "News" (na columna da dereita desta páxina). Agora que xa estamos rematando a lectura dos tres libros finalistas da nosa categoría*, é un bo momento para ir deixando opinións. Podédelo facer a través de comentarios nesta entrada, pero sabede tamén que existe un foro preparado especialmente para iso.
* Segunda categoría (3º, 4º e 5º de Educación Primaria):
EDITORIAL GALAXIA
As vacacións de Saida, de Eva Peydro. Coleción Árbore.
EDITORIAL XERAIS
A pedra e as formigas, de Jacobo Fernández Serrano.
EDITORIAL OBRADOIRO SANTILLANA
A bruxiña da sorte, de Concha Blanco.
1 Comments:
O meu irmán está lendo estes libros e non ten claro cal lle gusta máis... Ten bastantes dúbidas entre dous deles.
Un saúdo.
Post a Comment
<< Home