Cambio de estación e cambio de hora
A Primavera entrou hoxe, 21 de marzo, no hemisferio Norte ás 01.07 (hora peninsular) cunha notable baixada de temperaturas e a estación, que se caracteriza polo progresivo alongamento dos días, prolongarase durante 92 días e 18 horas, segundo datos do Observatorio Astronómico Nacional. Na península, ese aumento das horas de sol apreciarase pola mañá e pola tarde, xa que cada día o Sol sairá dous minutos antes que o día anterior e porase un minuto máis tarde. O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes nos que a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita ao redor do Sol. No caso da primavera, o inicio prodúcese cando a duración do día e a noite practicamente coinciden en calquera punto da Terra, momento en comeza o outono no hemisferio Sur.
Durante esta estación non se producirá ningunha eclipse e a choiva de estrelas máis importante da primavera, a das Eta Acuáridas, apreciarase sen necesidade de telescopios e terá o seu máximo ao redor do 5 de maio. Pola noite, veranse ao redor da estrela Polar as constelacións da Osa Menor, o Dragón, Cefeo e Leo.
Por outra banda, o vindeiro domingo 25 de marzo terá oficialmente 23 horas como consecuencia do cambio de hora, de maneira que ás 02.00 da madrugada os reloxos deberanse adiantar ata as 03.00. Este horario manterase ata o segundo cambio de hora do ano, que se producirá o último domingo de outubro.
2 Comments:
Pois que ben vida sexa.Eu dende logo,esperina bastente, solo que comenzou con mal tempo.
Sii! Eu tamén estaba desexando que chegara a primavera: só con nomeala xa a un se lle alegra un pouco o corpo.
Post a Comment
<< Home