Letras Galegas 2008
O Día das Letras Galegas (17 de maio) deste ano 2008 está adicado a Xosé María Álvarez Blázquez. Parte dos seus poemas poden disfrutalos tamén os nenos:
Polo laranxal
tres avelaíñas andan a voar.
Unha, dúas, tres,
de presa que voan, vense e non se ven.
Polo laranxal
tres avelaíñas andan a chuchar.
Unha, dúas, tres,
de tanto que chuchan, borrachas de mel.
¡Caídas no chan,
tres avelaíñas polo laranxal!
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. "Roseira do teu mencer". Xerais.
0 Comments:
Post a Comment
<< Home